Detido o home acusado de provocar o accidente de Barro no que morreu unha moza de 29 anos

Está acusado dun delito de homicidio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2022 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

Un home foi detido como presunto autor dun delito de homicidio por provocar un accidente no municipio pontevedrés de Barro o pasado xoves, día 17 de marzo, no que unha moza de 29 anos resultou ferida de gravidade, unhas lesións polas que acabou falecendo este venres.

Segundo informaron a Europa Press fontes da investigación, tras o accidente, que consistiu nunha colisión frontolateral entre os dous vehículos, fíxose cargo das pescudas o equipo de Atestados da Garda Civil. Con todo, a medida que avanzou a investigación, detectáronse certas circunstancias que fixeron que o caso se pasase á Policía Xudicial. Así, en base a esas pescudas, detívose ao home que chocara contra o vehículo da moza como presunto autor dun delito de homicidio.

As investigacións apuntan a que se tratou dunha colisión provocada polo arrestado. O home está detido e pasará a disposición xudicial o vindeiro luns no Xulgado de Caldas. Outras fontes consultadas por Europa Press explicaron que tanto a moza de 29 anos como o home detido eran veciños de Barro aínda que non tiveran unha relación e que podería tratarse dun caso de acoso.

Accidente de tráfico
Accidente de tráfico | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta