O CCG presenta o seu proxecto 'Aquí medra a lingua' para falar da presenza real do galego na escola
'Aquí medra a lingua' é un proxecto deseñado pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación que coordina Carme Garcia Mateo, que busca amosar que as escolas son un cómplice indispensable na lingua galega e da súa transmisión.