O partido de Jácome ironiza en Twitter coa xustiza polas dilixencias da "mafia policial"

Ordenan manter a causa contra Pérez Jácome polas declaracións sobre a Policía en Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2022 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

O partido do alcalde de Ourense, Democracia Ourensana (DO), ironizou co funcionamento da xustiza despois de que un xulgado decidise que se sigan as dilixencias polas declaracións de Gonzalo Pérez Jácome sobre a "mafia policial" pronunciadas en 2019. Trátase de dirimir se houbo un atentado á honra por parte do rexedor contra un axente.

A través da rede social Twitter, Democracia Ourensana sinala que "un policía local é condenado a dous anos de cárcere por falsificar multas", en referencia a un fallo contra a persoa que se querelou contra Jácome, que é de 2015. O mesmo tuit continúa pondo o acento que, tras ese feito, "Jácome alza a voz e di que estamos ante unha mafia policial", palabras que se produciron en febreiro de 2019 e que foron parcialmente rectificadas (segundo o propio auto xudicial) en decembro dese ano.

Como punto terceiro, DO apunta: "o policía denuncia a Jácome, e a xustiza ordena que se siga a causa contra o agora alcalde". "Isto é Ourense, Spain", conclúe.

SEGUIR DILIXENCIAS

O Xulgado de Instrución número 1 de Ourense concluíu a investigación sobre as declaracións realizadas polo alcalde de Ourense en 2019 nas que afirmou que nese momento existía "unha mafia dentro da Policía Local", en relación coa imposición de multas da que formaba parte un axente, que tamén é delegado de UGT no Concello.

O maxistrado ordenou que se continúe a tramitación das dilixencias por procedemento abreviado, por se os feitos imputados ao rexedor municipal fosen constitutivos dun delito contra a honra.

No auto, recollido por Europa Press, o maxistrado sinala que o alcalde de Ourense matizou "parcialmente" as declaracións en decembro do ano 2019 (sobre as realizadas en febreiro), "máis aló de que tamén" lembrou que hai unha "condena da que foi obxecto o querelante", unha sentenza ditada o 8 de outubro de 2015 por un delito de falsidade en documento oficial por "axudar a distintas persoas a eludir o pago de distintas multas".

Con todo, o auto engade que "o certo é que non se practicou a máis mínima proba orientada a acreditar que no ano 2019 existise ningún tipo de comportamento ilícito no seo da Policía Local de Ourense e, moito menos, por parte do querelante" e agrega que as declaracións "cobran especial transcendencia", ao ter en conta que "foron realizadas polo alcalde de Ourense e ante diversos medios de comunicación, cuxo impacto mediático consta ás actuacións".

Na súa parte dispositiva, o maxistrado decretou que se dea traslado ao Ministerio Fiscal e á acusación particular personada, se a houber, a fin de que formulen escrito de acusación solicitando a apertura de xuízo oral ou ben o sobresemento da causa, sen prexuízo de que poidan solicitar, excepcionalmente, a práctica das dilixencias complementarias para formular a acusación.

No auto, lembra as declaracións do 14 de febreiro de 2019, nas que, como saíron reflectidas en varios medios de comunicación, se referiu persoa que se querela "de forma ofensiva, en termos tales como que "forma parte dunha mafia policial ou que é un corrupto", ou facendo referencia a el como "unha mazá podrecida".

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, responde os medios á súa chegada ao Xulgado de instrución número 2 de Ourense para declarar por suposta malversación de caudais públicos, a 28 de decembro de 2021, en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, responde os medios á súa chegada ao Xulgado de instrución número 2 de Ourense para declarar por suposta malversación de caudais públicos, a 28 de decembro de 2021, en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 anonimo

Cada vez que sae una nova de Jacome, ( ! normalmente patética ! ) Gamela fala de algo que non ten que ver nada ca noticia. Non sei por qué.

1 Gamela

Haberá que explicalo todo (?) Ourense ten a un individuo chamado Villarino que non lle saen as contas: as contas para botar a Jácome (aliado do PP), as contas para lograr a Deputación de Ourense (onde Jácome ten a chave para manter a Baltar), as contas para sacar adiante as Torres do Miño (onde coinciden PSOE e PP polo pan baila o can...) Por estas tres cuestións Gamela observar que o que non se fixo vía política en dous anos, séguese a buscar por vía xudicial (e neste último caso botando man da Fiscalía, que como sabes depende directamente da Fiscal Xeral do Estado, é dicir do PSOE e os seus intereses...) Queda claro de Fiscalía estamos a falar ? Sáude !

1 Gamela

De que Fiscalía falamos ? https://www.infolibre.es/politica/b... Todo parece unha broma de mal gusto. Antes era Pilar de Lara agora chámase Fiscalía !