Yolanda Díaz: "non é o momento de despedir nin de baixar salarios"

A ministra pon o foco sobre os "beneficios récord" das empresas do Ibex 35 e advirte: "o esforzo ha de ser colectivo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2022 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, esgrimiu este xoves no Congreso un ano de beneficios récord entre as empresas cotizadas para evitar despedimentos e rebaixas de salarios como resposta á crise económica provocada pola invasión rusa de Ucraína. "Non é momento de despedir e non é momento de baixar salarios", asegurou, preguntada polas propostas de Unidas Podemos para afrontar a situación de crise, lembrando que o uso de fórmulas alternativas, como a dos ERTE, é o que "deu resultados na crise anterior".

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, á súa saída dunha sesión plenaria no Congreso. Eduardo Parra - Europa Press
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, á súa saída dunha sesión plenaria no Congreso. Eduardo Parra - Europa Press | Fonte: Europa Press

Así mesmo, sinalou que as empresas do Ibex-35 presentaron o ano pasado uns beneficios récord de 64.000 millóns de euros. "Ninguén entendería que, nunha situación de crise, con eses beneficios, baixasen salarios. O esforzo ha de ser colectivo", reivindicou. Ademais, lembrou que o mecanismo que dá continuidade ao esquema de protección ao emprego dos ERTE deseñado na reforma laboral "xa está dispoñible", polo que pediu a empresas e traballadores "calma e tranquilidade".

Doutra banda, Díaz defendeu tamén medidas para a contención das subas do aluguer, xa que a lexislación actual prevé a posibilidade de revalorizacións destas rendas atendendo á evolución da inflación, que nestes momentos rexistra os seus maiores aumentos en 30 anos. Sinalando que o acceso a unha vivenda e o prezo do aluguer é unha das maiores dificultades para as familias, Díaz indicou que unha revalorización do IPC nestes momentos suporía "un empobrecemento xeralizado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta