Unha galega no Atlántico norte (III): a vida a bordo

Maite Rojo, patrona de barco e atleta, que xa narrou no GC as súas travesías polo Atlántico e Pacífico, agora volve a relatarnos como é o seu día a día patroneando un veleiro desde o Caribe ate Valencia polo Atlántico Norte.

Por Galicia Confidencial | Azores | 25/03/2022 | Actualizada ás 08:40

Comparte esta noticia

Xa pasamos máis da metade da viaxe, 2000 millas navegadas. Moita xente preguntaráse pola rutina diaria do barco... Neste caso como temos suficiente tripulación as gardas serán de 3 horas(e sempre dous tripulantes en cuberta por seguridade), e 6 horas libres para durmir e comer, co cal non se fai moi pesado. Pero, se no medio hai maniobras ou subida do vento, entón todo o mundo estará en cuberta para botar unha man.

Maite Rojo patroneando o veleiro
Maite Rojo patroneando o veleiro | Fonte: remitida

As manobras requiren prestar atención, e tamén ter a  diferentes persoas en diferentes puntos do barco para atender ás drizas, escotas, timón, etc... Para as comidas antes de saír, fíxose un estenso acopio de alimentaicón. Estibada no conxelador para case cada cea, por se acaso cun temporal ou coa escora do barco non se poidera cociñar. Ademáis de cando se pode, cociñar fresco ou comer bocadillos, ensaladas e sopas cando vai frío.

Coa vasoira facemos um caldeiro para orgánico que botamos pola borda e outro de plásticos e latas limpas , que poñemos cada tanto en bolsas no pique de proa. Hai que tentar a maior hixiene, para non ter comida podre por 15/20 días metida na sentina. Pola popa temos duas canas de pesca preparadas e arrastrando por se podemos ter a fortuna de comer peixe fresco.

As Açores quedan xa ao noreste, a unhas 374 millas,  por iso temos un pouco máis de tráfico de cargueiros ou tanques de entre 200 e 300 metros de eslora, polo que hai que botar unha boa ollada ao horizonte.

Outra materia na que temos que facernos expertos é na meteoroloxía. Andamos entre lusco e fusco polo sur de dous frentes de baixas presións pero tamén estase a crear outro no mediterráneo e estreito de Xibraltar para a nosa chegada. Con esta información na mente, mirando os partes meteorolóxicos a diario, tentamos acelerar o barco axudando co motor cando se pode. Isto permitenos seguir á cola da primera borrasca, apartar da segunda que nos segue, e con sorte chegar antes de que se forme unha terceira á nosa chegada.

Marzo ventoso...

Hoxe temos invitados especiais, outra vez desfile de golfiños arredor nosa case toda a mañá e unha pomba que aterrou esgotada. Enganchouse no candelero e leva toda a tarde con nós... a pobre seguro que pillou vento forte nas Azores e non puido voltar a casa. Pola mañá xa desaparecceu. Cremos que a levou unha onda forte. Que peniña!!!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta