Investigan un posible caso de acoso escolar nun instituto da Estrada

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2022 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga un suposto caso de acoso escolar a un menor alumno da ESO nun instituto da localidade pontevedresa da Estrada. Segundo avanzou La Voz de Galicia este sábado, a familia da vítima denunciou os feitos o pasado xoves despois de descubrir que o seu fillo tiña hematomas nos glúteos e nos testículos que supostamente foron causados por un grupo de compañeiros de clase.

Este mesmo diario sinalou que tras acudir ao centro de saúde, onde se lle fixo un parte de lesións, a familia do menor decidiu denunciar a situación ante as autoridades. A Consellería de Educación confirmou a Europa Press que o caso se está investigando, pero debido a que a persoa implicada é menor de idade, limitáronse a trasladar que o centro educativo tomará as "medidas pertinentes".

Recreación dun neno que sofre acoso escolar nunha escola
Recreación dun neno que sofre acoso escolar nunha escola | Fonte: CEDIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta