O BNG de Santiago presenta unha moción para rexeitar o acordo do Goberno con Marrocos

Os nacionalistas denuncian que a posición do Executivo central supón "lexitimar a ocupación" por parte de Marrocos, a represión, a violación dos dereitos humanos e o "roubo das riquezas existentes" en territorio saharauí.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2022 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

O grupo municipal do BNG en Santiago de Compostela anunciou que presentará unha moción no pleno do concello para trasladar ao Goberno central o seu rexeitamento ao acordo con Marrocos, que consideran que "somete ao pobo saharauí" despois de anos de "ocupación ilegal" do territorio do Sahara Occidental e de vulneración dos dereitos humanos.

Os nacionalistas apostan por regresar á posición de buscar unha solución que garanta o respecto do dereito internacional e as resolucións para o recoñecemento do dereito de autodeterminación do pobo saharauí. Ademais, avanzaron que lle proporán ao Concello de Santiago que demande ao Executivo de Pedro Sánchez que esixa a Marrocos o "cesamento inmediato" da "sistemática violación dos dereitos humanos" da poboación saharauí que vive nos territorios "ilegalmente ocupados" do Sahara Occidental.

Así mesmo, consideran que a postura do Goberno español é unha "traizón" ao pobo saharauí, xa que "se prega aos intereses de Marrocos" e vai en contra de "todos os acordos adoptados polas institucións internacionais". Nesta mesma liña, os nacionalistas composteláns denuncian que a posición do Executivo central supón "lexitimar a ocupación" por parte de Marrocos, a represión, a violación dos dereitos humanos e o "roubo das riquezas existentes" en territorio saharauí.

A coordinadora de campaña do BNG e portavoz en Santiago, Goretti Sanmartín, en rolda de prensa. BNG
A coordinadora de campaña do BNG e portavoz en Santiago, Goretti Sanmartín, en rolda de prensa. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta