(Vídeo) Colapso na autoestrada Santiago-A Coruña tras o incendio dun trailer

Houbo que cortar a circulación en Abegondo dirección a Coruña.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/03/2022 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O incendio dun camión rexistrado no punto kilómetrico número 33 da AP-9 provocou retencións e a retardación do tráfico na autoestrada ao seu paso polo municipio coruñés de Abegondo.

Retencións na Coruña
Retencións na Coruña | Fonte: remitida


Con todo, segundo informou o CIAE 112 Galicia, o incidente rexistrado ás 11,00 horas en Vizoño saldouse sen persoas feridas. A circulación no lugar do incendio tivo que ser cortada mentres duraron as tarefas de extinción e permanece agora limitada ao carril dereito.

O lume declarouse nun camión que transportaba material plástico. Segundo a información facilitada polo 112, o seu condutor está en bo estado de saúde. Debido á proximidade das chamas a unha zona de monte, a central de emerxencias mobilizou ao equipo do Distrito de Incendios Forestais para evitar que se propagase o incendio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta