A Xunta di que o novo currículo de ESO é "un auténtico despropósito"

Román Rodríguez asegura que está "tremendamente politizado".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2022 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura e Educación da Xunta, Román Rodríguez, criticou este mércores tanto o fondo como a forma do novo currículo diso, aprobado este martes polo Consello de Ministros, e que, considerou, parte dun "modelo educativo de facilismo e do 'que máis dá'", "devalúa o sistema", carece de "conceptos básicos" e está "tremendamente politizado".

En declaracións aos medios, o conselleiro asegurou que o modelo educativo que propón o Goberno central está "a devaluar a calidade do sistema, vai en contra da igualdade de oportunidades" e "desincentiva o esforzo e a motivación do alumnado e do profesorado", polo que "a medio prazo vai ser moi negativo para o conxunto da sociedade".

"Sabemos que podemos pasar de curso con independencia de que aprobemos ou suspendamos, non vai haber exames de recuperación, suprímense tamén as notas numéricas e onte viamos como se aproba o decreto de ESO tremendamente tarde", dixo Román Rodríguez, que lembrou que, a partir desta publicación, "as comunidades teñen que desenvolvelo".

Á tramitación administrativa, que "se queira ou non, dura en calquera comunidade entre 6 e 7 meses", apuntou o conselleiro, súmase o feito de que "os borradores" de decreto presentados con anterioridade "difiren moi notablemente" do currículo aprobado. "É un auténtico despropósito que o estado aprobe a estas alturas os currículos que van rexer o inicio do curso en setembro, porque non vai haber posibilidade real de empezar o curso cos currículos aprobados", resolveu.

Román Rodríguez participa na Conferencia Sectorial de Educación
Román Rodríguez participa na Conferencia Sectorial de Educación | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta