A Deputación da Coruña prepara unha 'Gala de Premios Culturais'

Será, explican, "unha celebración colectiva do papel crucial que a cultura tivo durante estes dous anos de crise pandémica".

Por E.P. | A CORUÑA | 30/03/2022 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña celebrará o 23 de abril a 'Gala de Premios Culturais', correspondentes aos exercicios 2020 e 2021. Celebraranse no Teatro Colón, a cuxo escenario se subirán as 31 persoas premiadas. Tamén se reunirá no teatro ás case 150 persoas que participaron no desenvolvemento destes premios, entre xurados, comisariados e comisións lectoras.

Segundo asegurou o deputado de Cultura, Xurxo Couto, na presentación, "suporá posiblemente o maior encontro cultural do ano e do país". Na presentación participaron, ademais de Xurxo Couto, as actrices que conducirán o evento, Carmen Méndez e Lida Veiga, que tamén se referiron á singularidade da gala.

"Non se parece a ningunha outra que se celebrou antes, porque xunta persoas de disciplinas moi diversas e de diferentes ámbitos culturais", sentenciaron. Couto insistiu en que será "unha celebración colectiva do papel crucial que a cultura tivo durante estes dous anos de crise pandémica, da luz que achegou e achega á sociedade, e un recoñecemento a creadores, creadoras e ao sector cultural no seu conxunto".

Carmen Méndez, pola súa banda, puxo en valor a diversidade de disciplinas que conforman o abanico de convocatorias que inclúen cinco premios literarios; outros cinco de artes visuais, tres de música e dúas para a acción cultural.

Presentación da gala dos premios culturais da Deputación da Coruña.  TORRECILLA
Presentación da gala dos premios culturais da Deputación da Coruña. TORRECILLA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta