Descobren un biopesticida a base de veleno de araña que non dana as abellas

Arredor do 40% das abellas galegas desaparecen cada ano a causa dos pesticidas convencionais. Galicia Confidencial publica a investigación completa.

Por GCAgro | Santiago de Compostela | 11/06/2014 | Actualizada ás 16:14

Comparte esta noticia

Investigadores da Universidade de Newcastle (Reino Unido) desenvolveron un novo biopesticida, creado a partir de veneno de araña e unha proteína vexetal. A vantaxe deste produto é que malia ser altamente tóxico para un elevado número de pragas de insectos, non afecta ás abellas.

Na investigación, analizaron a proteína biopesticida Hv1a/GNA que é unha combinación do veneno natural da araña de embudo australiana e unha proteína (lectina) do galanthus ou campanilla de inverno.

Os investigadores comprobaron que alimentar ás abellas con doses agudas e crónicas da proteína (máis aló dos niveis que algunha vez poderían experimentar no campo) só tiña un lixeiro efecto sobre a supervivencia das abellas e de ningún efecto en absoluto sobre a súa aprendizaxe e a memoria, que puidese ser mesurable.

Trátase dun pesticida oral a diferenza doutros pesticidas que son absorbidos a través do exoesqueleto. Tamén se diferencia en que o Hv1a/GNA afecta á ruta do calcio do insecto, mentres que o máis frecuente é que os receptores de insecticidas de uso común sexa a ruta do sodio.

Os resultados desta investigación publicáronse na revista Proceedings of the Royal Society B.

Investigación dun biopesticida con veleno de araña
Investigación dun biopesticida con veleno de araña | Fonte: GC

Os pesticidas están a provocar a desaparición das abellas en Galicia e no mundo.

A poboación de abejas entrou nun declive en Europa, América e Asia e moitos pensan que os pesticidas comerciais son os responsables. Segundo os datos da Asociación Galega de Apicultura en Galic Arredor do 40% das abellas galegas desaparecen cada ano a causa dos pesticidas convencionais.

Segundo a Organización de Nacións Unidas para a Alimentación e Agricultura (FAO), a polinización de abejas e outros insectos contribúe a polo menos 70% dos principais cultivos de consumo humano no mundo.

En 2005, estimouse o valor económico desta polinización en US$208.000 millóns.

Nunha decisión polémica, a Unión Europea impuxo unha prohibición temporal sobre algúns destes pesticidas.

Descarga aquí o documento completo.

Abellas nun panal
Abellas nun panal
Enxamio de abellas
Enxamio de abellas | Fonte: GC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Estralampa

Partindo da minha oposição frontal ao uso de pesticidas e o meu apoio activo à eliminação destes produtos da prática agrícola, paréceme aventurado sinalar os pesticidas como os únicos responsábeis da morte das colónias, quando os cientistas que nos adicamos a iso sabemos que nas últimas décadas as abelhas sofrem a parasitação por novas espécies como a varroa e varias espécies de fungos, que moi bem podem ser responsáveis de moitas destas perdas. E isto não é trivial, já que se toda a atenção vai cara aos pesticidas, os apicultores não adoptaram as medidas precisas para minorar a proliferação dos parasitos, nem desenvolveremos os tratamentos efectivos (e respeitosos co ecossistema) para combatelos. .