Un equipo experto estuda para a Xunta o impulso de novas fusións municipais

Os equipos técnicos realizaron unha enquisa entre a poboación galega para ter en conta o diagnóstico que a cidadanía fai da situación dos concellos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2022 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

Unha trintena de expertos estuda para a Xunta a planta local galega co obxectivo de impulsar novas fusións municipais en Galicia, unha da medidas clave dos primeiros anos de Alberto Núñez Feijóo á fronte do Goberno galego e que se traduciu en dúas unións municipais: Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade. A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participou este luns nunha nova reunión con persoal da Fundación Juana de Vega e un equipo multidisciplinar dAS tres universidades galegas que levan a cabo este estudo.

No marco do convenio asinado coa fundación, a Xunta solicitou a colaboración dunha trintena de expertos para coñecer a súa opinión sobre o funcionamento dos servizos municipais e para valorar as súas propostas á hora de melloralos. Con esa intención, pediuse o parecer a persoas expertas en urbanismo, dereito e outras disciplinas vinculadas á administración local, así como a políticos, traballadores municipais e representantes sindicais con experiencia na materia.

Entre outras cuestións, os expertos colaboradores deberán facer un diagnóstico da situación actual dos concellos sobre o seu funcionamento e prestación de servizos, ademais de ofrecer alternativas para optimizar e mellorar esas prestacións co fin de alcanzar "concellos máis sustentables e mellorar a calidade de vida dos veciños".

Previamente, os equipos técnicos realizaron unha enquisa entre a poboación galega, para ter en conta o diagnóstico que a cidadanía fai da situación dos concellos, así como coñecer a súa identidade respecto das entidades locais, valorar alternativas sobre a actual planta local e coñecer a súa opinión en realización a posibles cambios no mapa local.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, preside  a Comisión de Seguimento  de Xunta  e a Fundación Juana de Veiga sobre a planta local galega. CONCHI PAZ
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, preside a Comisión de Seguimento de Xunta e a Fundación Juana de Veiga sobre a planta local galega. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta