A conselleira de Infraestruturas ve "inviable" cambiar a conexión da Vía Ártabra coa AP-9

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimou o recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Cambre.

Por E.P. | A Coruña | 04/04/2022 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, sinalou que a Xunta "lamenta" que non se poidan investir 40 millóns de euros "como tiñan previsto" na Vía Ártabra para conectala coa AP-9, unha obra que cualificou como "fundamental" para a "competitividade" de toda a área da Coruña e para a seguridade viaria.

Protesta en Cambre contra a Vía Ártabra
Protesta en Cambre contra a Vía Ártabra | Fonte: CEDIDA.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Cambre contra o acordo do Consello da Xunta polo que se aprobou o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción da Vía Ártabra e anula o citado acordo. Esta resolución complementa outro recurso interposto tamén por este concello estimado pola mesma Sala.

Neste sentido, durante a presentación este luns na Coruña da nova estación de autobuses integrada na intermodal, a conselleira explicou que a sentenza "non cuestiona o trazado senón o procedemento".

Por iso, dixo que a Xunta ten "claro" que o punto de conexión da AP-9 "non vai cambiar". Vázquez indicou que "tanto os técnicos do bipartito como os actuais" coinciden en que o punto de conexión "é inviable" en Catro Camiños porque prexudica a seguridade viaria.

A conselleira indicou que están a analizar "detalladamente" as diferentes sentenzas xudiciais e destacou que as "vítimas" son todos a veciños da área da Coruña que van ter unha demora "moi importante" nunha infraestrutura "fundamental" para a competitividade e a seguridade viaria da cidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta