A cobertura móbil, unha materia pendente no rural galego

Xunta e Fegamp lanzan un plan para mellorar o servizo telefónico en puntos de 65 concellos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2022 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, Mar Pereira, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela, reuníronse este martes para abordar as medidas paliativas que levarán a cabo para mellorar a cobertura de telefonía móbil en Galicia.

Deste programa beneficiaranse 290 núcleos de 65 concellos, que deberán pór a disposición da Xunta parcelas para a construción de infraestruturas de telecomunicacións, que levará a cabo o operador público Retegal. O 30% dos municipios implicados xa enviaron propostas de terreo e o 85% xa foron aceptadas.

O pasado mes de decembro a Comisión Europea adxudicou a primeira liña de axudas á operadora Vodafone, pero este plan de actuación ten a súa orixe en 2019, tras a identificación das carencias de cobertura móbil en todos os concellos que se adheriron ao programa.

Durante a reunión, Xunta e Fegamp tamén abordaron a necesidade de que o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación teña en conta a dispersión xeográfica das redes de telecomunicacións galegas á hora de desenvolver o Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión (UNICO).

Ademais, a Xunta solicita ao Goberno Estatal que se descentralicen nas Comunidades Autónomas os fondos para despregamento de 5G, e así conseguir unha mellora na adaptación das actuacións ás necesidades de cada territorio.

A directora dá Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, participa nunha xuntanza de traballo coa Fegamp na que se abordará a concreción do programa de mellora de cobertura móbil.    foto xoán crespo. XOÁN CRESPO
A directora dá Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, participa nunha xuntanza de traballo coa Fegamp na que se abordará a concreción do programa de mellora de cobertura móbil. foto xoán crespo. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta