O Sergas tamén ofrece o servizo de fisioterapia por teléfono ou Internet

A Xunta incorpora aos fisioterapeutas á plataforma XIDE para recibir consultas a demanda da poboación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2022 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

Os fisioterapeutas poderán recibir por primeira vez, a través da plataforma XIDE do Servizo Galego de Saúde (Sergas), consultas a demanda solicitadas directamente pola poboación.

Así o informou este mércores a Consellería de Sanidade nun comunicado de prensa, no que sinala que o titular deste departamento, Julio García Comesaña, mantivo este pasado martes unha reunión co presidente do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, Gustavo Paseiro Ares, para presentarlles o Sistema de Xestión Integrada da Demanda en Equipo (XIDE).

Deste xeito, Galicia convértese nunha comunidade autónoma "pioneira", destaca Sanidade, en incorporar a fisioterapia dentro do equipo integral de xestión da consulta a demanda en Atención Primaria e en dar resposta, así, a unha petición histórica deste colectivo.

Respecto diso, Sanidade incidiu en que o XIDE "vai posibilitar que, para determinados motivos clínicos, estes profesionais poidan atender en primeira instancia a demanda dun paciente". Ata agora os fisioterapeutas atendían aos pacientes derivados por outros profesionais, principalmente polo médico de familia ou polo médico rehabilitador de atención hospitalaria. Coa incorporación desta categoría ao XIDE, os pacientes poderán ter acceso, dentro dos parámetros incluídos no sistema, matiza Sanidade, a unha consulta co fisioterapeuta "sen a intermediación doutro profesional".

E, puntualiza Sanidade, no caso de que fose necesario, estes profesionais poderían derivar pacientes a outros colectivos que formen parte do equipo do servizo.

Reuniín do conselleiro de Sanidade con representantes de fisioterapeutas.. XUNTA
Reuniín do conselleiro de Sanidade con representantes de fisioterapeutas.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta