Máis do 85% da poboación do Estado quere poner tope ao prezo dos carburantes

Son os resultados dunha enquisa do CIS que se baseou en 2.420 entrevistas telefónicas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2022 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

O 85,5% da cidadanía do Estado quere que o Goberno poña prezos máximos aos carburantes para aliviar os efectos da crise derivada da invasión rusa de Ucraína, segundo recolle o Barómetro de Actualidade realizado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) e que se publicou este venres.

Gasolineira, gasoil, IPC, prezos, consumo, petróleo, carburante
Gasolineira, gasoil, IPC, prezos, consumo, petróleo, carburante

Esta nova enquisa do CIS, complementaria dos barómetros mensuais e dos seus estudos sectoriais, baséase en 2.420 entrevistas telefónicas entre os días 25 e 31 de marzo, cunha marxe de erro de máis/menos dous puntos. Ante a pregunta de se o Goberno debe poñer prezos tope aos carburantes para frear a escalada dos prezos, un 85,5% móstrase a favor e só un 8,4% en contra.

Máis da metade da cidadanía (56%) teme que a guerra en Ucraína vai afectar á subministración de carburantes en España, e deles un 91% cre que o Goberno debe tomar "medidas enérxicas" para garantilo. En fronte, un 34,3% cre que a guerra non causará eses problemas.

Non hai datos tan claros ao ser preguntados se a guerra provocará problemas de subministracións de alimentos e produtos de primeira necesidade, pois un 47,1% teme que si e un 44,3% non cre que ocorra. Iso si, entre quen cre que si haberá problemas, case todos (84,6%) entenden que o Executivo debería ser enérxico para asegurar as subministracións.

En todo caso, tres de cada catro persoas (74,6%) opina que hai sectores económicos e políticos que estiveron xerando alarma sobre eses riscos de desabastecemento e só un 19,3% non cre que existan eses movementos. Respecto ao recente paro de transportistas, a maioría (53,3%) non percibiu riscos de desabastecemento, e mesmo un 87,9% non se expuxo acumular produtos en casa polo si ou polo non.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta