(Vídeo) Lume, pirotecnia e rock de rúa: así é a banda gañadora do Cantalingua 2022

A Mekánika Rolling Band álzase co galardón deste ano cun 'rock pasarrúas' que anegará as cidades galegas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Música mestre! O Cantalingua deste 2022 ten xa gañador: trátase de Mekánika Rolling Band, unha curiosa proposta de música de pasarrúas que se deixará ver por distintas cidades galegas como resultado do premio. Á banda seguírona as propostas de Paco Nogueiras e Pauliña co segundo e terceiro posto.

Mekánika Rolling Band
Mekánika Rolling Band | Fonte: orquestras de Galicia

Na convocatoria deste ano, o xurado valorou a alta cualidade de todas as cancións presentadas e, tamén, a cantidade de grupos e solistas que se presentaron este ano á convocatoria, 35 en total, duplicando o numero de grupos de anteriores convocatorias. Segundo explican, Mekánika Rolling Band gañou coa canción "En busca da festa".

A Mekánika Rolling Band é un grupo de animación de rúa, que conta cun escenario móvil autoamplificado, e que incorpora efectos visuais de lume e pirotecnia a parte dun show enérxico, participativo e dinámico. No formato de escenario o show tamén inclúe efectos de lume e pirotecnia. Conta cunha traxectoria de 15 anos, nos que xiraron por toda a península e parte de Europa, exportando a música galega pola Península e a países como Alemania, Austria, Francia e Italia. A banda está formada por Nolo Chazo a Batería, Pepe Noya ó baixo, José Hermo a guitarra, Martín Chenlo ó trombon, Adrián Trillo ó saxo alto, Daniel Vieito ó saxo tenor e voces e Aitor Garcia ó keytar e voces. No ano 2017, foron semifinalistas no Concurso GOT TALENT SHOW de Telecinco. Dende fai 5 anos, lideran o Ranking da plataforma Orquestas de Galicia facendo unha media de 90 concertos por temporada.

O segundo premio desta edición foi para Paco Nogueiras, coa canción, "Fálame!", que aproveita o lema deste 2022 do Correlingua para animar á rapazada a usar o galego. Paco Nogueiras é, segundo explican dende a organización, "un músico convertido a actor e un actor convertido en músico". Percorre o país cos espectáculos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” nos que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos. Visitando escolas, bibliotecas, auditorios, rúas, prazas, vilas, aldeas…. 

O terceiro posto nesta edición do Cantalingua foi para Pauliña, a banda foi a gañadora da edición pasada desta mesma convocatoria. A canción deste ano é "Revolta eterna". Pauliña ten á cambadesa Paula Chaves “Pauliña” a fronte e son moitas as súas influenzas musicias que van dende o country o blues pasando polo folk, rock, ska, etc., conxugando todos estes estilos musicais nunha mestura a cal lle imprimen o su selo propio, sendo unha proposta musical diferente e innovadora, que fai que os seus concertos non deixen a ninguén indiferente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta