Cultura recibe ao propietario do microscopio naturalista de Antony Van Leewenhoek declarado BIC

O microscopio foi atopado no dragado dunha canle e chegou a mans de Tomás Camacho a través dunha venda en Internet.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2022 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, recibiu este mércores no seu despacho a Tomás Camacho, propietario do microscopio naturalista de Antony Van Leewenhoek, unha peza única en España que a Xunta declarou Ben de Interese Cultural (BIC). No encontro tamén participou a directora xeral de Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Ínsua.

O titular de Cultura, segundo informou a Consellería nun comunicado, agradeceu a Camacho o seu traballo de conservación e tamén o seu interese por divulgalo entre o público, "ao conseguir que formase parte de distintas exposicións nos últimos anos".

O microscopio, explican, é o primeiro instrumento científico protexido patrimonialmente polo Goberno galego, e un do nove que se conservan en todo o mundo. Foi creado a finais do século XVII polo microbiólogo holandés Antony Van Leeuwenhoek e é un dos máis de 770 Bens de Interese Cultural cos que conta Galicia.

Segundo relatou o propio propietario, o microscopio foi atopado no dragado dunha canle e chegou a mans de Tomás a través dunha venda e internet. Unha vez autentificado polo profesor Brian Ford, do departamento de Química da Universidade de Cambridge, o microscopio comezou a ser exposto para fomentar o interese pola ciencia.

Desde 2015, recalcan, a peza foi exhibida constantemente --coa paréntese da pandemia-- en diferentes actividades de carácter didáctico, cultural e científico.

Agora prepárase, de face aos próximos meses, unha exposición sobre esta peza na que, ademais de contemplala, darase a coñecer a historia do seu creador, Leeuwenhoek, que da súa profesión orixinal como comerciante de teas pasou a converterse no coñecido como pai da microbiología.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, recibe a Anxo Tomás Camacho, propietario do microscopio naturalista de Antony Van Leeuwenhoek. CONCHI PAZ
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, recibe a Anxo Tomás Camacho, propietario do microscopio naturalista de Antony Van Leeuwenhoek. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta