O Concello de Carballo batalla contra o proxecto eólico Monte Neme, que tramita a Xunta

Considera que a Administración autonómica debería analizar "a compatibilidade e as posibles interferencias".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Concello de Carballo presentou alegacións ao proxecto eólico Monte Neme, que prevé a instalación no municipio da comarca de Bergantiños de catro aeroxeradores, catro centros de transformación, unha torre meteorolóxica de 115 metros e unha subestación, ademais de redes eléctricas, de comunicación e de terras.

O goberno local mostra a súa preocupación polo impacto ambiental, acústico e medioambietnal do proxecto eólico, que disporá dunha potencia máxima de 16 megawatios está a ser tramitado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Entre outras cuestións, o informe técnico encargado polo concello que encabeza o rexedor Evencio Ferrero, advirte de que parte da iniciativa afecta o proxecto de clausura do grupo mineiro Monteme, polo que considera que a Administración autonómica debería analizar "a compatibilidade e as posibles interferencias".

Así as cousas, o concello propón que o proxecto do parque eólico sexa remitido á Dirección Xeral de Enerxía e Minas e á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para que realicen as súas propias "valoracións" respecto diso.

Fotografía no Monte Neme
Fotografía no Monte Neme | Fonte: INSTAGRAM

Vistas desde o Monte Neme
Vistas desde o Monte Neme | Fonte: Plataforma pola Defensa do Monte Neme
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta