Ronsel de apoios de dirixentes do PPdeG a Alfonso Rueda: "O mellor para levar o temón"

"Para min non hai ninguén máis preparado que ti para ser o próximo presidente da Xunta de Galicia. Sempre ao teu lado, xefe", escribiu o líder dos populares de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2022 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

Militantes e dirixentes do PPdeG mostraron o seu apoio en redes sociais a Alfonso Rueda, actual vicepresidente da Xunta de Galicia, como substitución de Alberto Núñez Feijóo.

Entre os pesos populares que xa fixeron público o seu respaldo están a líder do PP vigués, Marta Fernández-Tapias, que destacou que "non hai mellor escola" que traballar con Rueda. "É o mellor para levar o temón (lene) nesta nova singradura do PPdeG e da Xunta por experiencia e capacidade de xestión", asegurou.

O responsable dos populares pontevedreses, Rafa Domínguez, expresouse nos mesmos termos. "Para min non hai ninguén máis preparado que ti para ser o próximo presidente da Xunta de Galicia. Sempre ao teu lado, xefe", escribiu en Twitter.

"Alfonso Rueda é un amigo desde hai moitos anos, ademais dunha gran persoa os seus coñecementos, experiencia, capacidade de traballo, compromiso e responsabilidade son unha garantía para que Galicia siga polo camiño do progreso iniciado por Feijoo", compartiu nas súas redes o senador popular por Lugo, José Manuel Barreiro.

A tamén senadora, pero por Ourense, Carmen Leyte, felicitou a Rueda e vaticinou que "será un gran presidente". "Somos un gran partido", rematou. Pola súa banda, o deputado do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro apuntou que "tomar a substitución de presidente Feijóo non é unha tarefa fácil", pero non "imaxina" unha persoa "tan capacitada e comprometida co servizo a Galicia como Rueda".

O alcalde de Lalín, José Crespo, asegurou que a súa elección é "un pleno acerto" que dará ao partido "a estabilidade que necesita para enfrontar a etapa post-Feijóo". "Empeza unha etapa ilusionante con Alfonso Rueda en Galicia e con Feijóo en Madrid, dáme o corpo que imos ter moitas alegrías", apuntou. A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, tamén felicitou a Rueda, que será "un gran presidente" e que destacou a súa "proximidade".

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, durante a rolda de prensa da Administración autonómica. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, durante a rolda de prensa da Administración autonómica. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press

NOTA: Segundo a RAG Temón é: Dirección, goberno. Colleu o temón da empresa cando esta estaba xa para ir á creba, a punto de cerrar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 mOINE

Nem galego sabem falar bem os pepeiros, e vós reproduzirdes. Em galego nom existe temóm, senom que o termo é: LEME