Cascudas na cociña do Hospital Xeral de Vigo

O SERGAS admite o problema pero asegura que xa contratou a unha empresa para rematar cos insectos. Os sindicatos relacionan este problema de hixiene cos recortes nas subcontratas e a construción dun novo centro sanitario usando financiamento privado.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 21/06/2014 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O sindicato CIG-Servicios de Vigo denunciou este venres que "os recortes do PP na sanidade pública están a afectar a pacientes e usuarios e provocan situacións como a presenza de cascudas na cociña do Xeral". 

Cociña do hospital xeral de Vigo, onde apareceron as cascudas / CIG Cociña do hospital xeral de Vigo, onde apareceron as cascudas / CIG
Cociña do hospital xeral de Vigo, onde apareceron as cascudas / CIG Cociña do hospital xeral de Vigo, onde apareceron as cascudas / CIG

Neste senso, a central argumenta que a a cada vez maior precarización das contratas, cunha rebaixa do prezo das concesións de entre un 10 e un 20%, está a afectar ás condicións sanitarias dos hospitais, “tal e como proba a recente aparición de cascudas no hospital Xeral, primeiro na bandexa dun paciente e despois na propia cociña”.

O SERGAS reaccionou admitindo o problema no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), pero asegurando que está baixo control. A Administración Pública admitiu que o Servicio de Medicina Preventiva detectou "algunha" cascuda no soto do centro sanitario. A Xunta di que xa mandou  contratar a unha empresa especializada para solventar o problema, que a desinfección se fixo a semana pasada e que segue pendente da aparición de máis insectos.

As cascudas son en realidade un síntoma dun conflito laboral na área sanitaria de Vigo. A Xunta está a construír un novo hospital, tirando de financiamento privado. A cambio de asumir parte do custe, as construtoras quedaranse coa xestión dos servizos do novo centro sanitario como, por exemplo, a cociña.

Salvo no servizo de limpeza, non está nada claro que os traballadores das contratas que operan hoxe no Hospital Xeral poidan facelo tamén no novo hospital.

A Conselleira Mosquera na súa visita ao hospital de Vigo en construcción
A Conselleira Mosquera na súa visita ao hospital de Vigo en construcción | Fonte: Xunta

Cascudas na cociña do hospital Chuvi do Sergas en Vigo /CIG Cascudas na cociña do hospital Chuvi do Sergas en Vigo /CIG
Cascudas na cociña do hospital Chuvi do Sergas en Vigo /CIG Cascudas na cociña do hospital Chuvi do Sergas en Vigo /CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Peater

Recentemente fun visitar a un familiar ao Hospital Xeral de Vigo. Saín de alí cunha sensación horrible. O seu estado de deterioro é literalmente escandaloso. Nalgunhas habitacións o olor é pestilente pois por incrible que pareza carecen de tubaxe sifónica. Cheira a bater. Pasamáns co oxido ao descuberto . As cadeiras que o hospital dispoñen para os acompañantes dos enfermos son propias da inquisición e compadezo a todo aquel que teña que facer noite alí por un enfermo de larga duración. Levamos anos pondo queixas ao hospital (máis de 7 anos). A contestación do hospital sempre é unha especie de copia e pega onde reiteradamente se fai alusión a que pronto se porá en marcha o novo hospital. Pero onde carajo meten estes políticos aos seus amigos e familiares que non se dan conta desta miseria?