Un turista gasta en Galicia un 35% menos que no resto do Estado

As pernoctacións hoteleiras e viaxeiros crecen máis do dobre en marzo e aproxímanse a niveis prepandemia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2022 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 411.995 pernoctacións hoteleiras e 215.509 viaxeiros en marzo, o que supón máis do dobre que no mesmo mes de 2021, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de España (INE) este luns. Con todo, o gasto por turista está lonxe da media estatal.

Estes números aproxímanse a cifras prepandemia de turismo na comunidade galega, aínda que seguen por baixo das 459.639 pernoctacións e os 236.030 viaxeiros que houbo en marzo de 2019.Galicia é a oitava comunidade que recibe máis viaxeiros residentes en España, co 4,7% do total, nunha clasificación que encabezan Andalucía (20,4%), Cataluña (13,1%) e Madrid (12,8%).

Mentres, segue á cola de grao de ocupación por praza hoteleira, con só un 26,6%, lonxe da media española do 46,9%. No outro extremo, sobresae o 68,4% de ocupación de Canarias.

A tarifa media diaria en Galicia é de 54,4 euros, o que supón un incremento do 15,7% intetanual, por baixo da media española de 89 euros (+34,8%). Os ingresos por habitación dispoñible son de 18 euros, mentres a media de comunidades alcanza os 50 euros.

Hotel en Santiago ocupación turística hoteleira turismo pernoctaciones. EUROPA PRESS - Arquivo
Hotel en Santiago ocupación turística hoteleira turismo pernoctaciones. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta