Borja Verea e o médico Fernando Mayo pugnarán por liderar o PP de Santiago

O comité analizou os avais presentados por ambos os aspirantes e confirmaron que pasan o corte esixido dun mínimo de 25 firmas de afiliados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2022 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

A comisión organizadora do congreso local do PP de Santiago que se celebrará o próximo 14 de maio confirmou que haberá finalmente dous candidatos: o deputado Borja Verea, presidente da xestora que dirixía a formación no ámbito municipal, e o médico Fernando Mayo.

O comité analizou os avais presentados por ambos os aspirantes e confirmaron que pasan o corte esixido dun mínimo de 25 firmas de afiliados. Unha vez realizada a validación de apoios presentados polos dous precandidatos, o órgano que se encarga de organizar o conclave determinou que, do total de firmas presentadas por Verea, son válidas 326. Mayo suma 45 avais.

Os dous precandidatos cumpren os requisitos para ser, en consecuencia, proclamados aspirantes formais a liderar o PP de Santiago.

A campaña electoral interna empezará ás 00,00 horas deste venres 29 de abril e finalizará ás 24,00 horas do domingo 8 de maio. O 9 de maio os candidatos deberán presentar ante a comisión a súa candidatura completa, coa relación dos 20 vogales que conformen o futuro comité executivo local.

O médico Fernando Mayo confirma que optará a liderar o PP de Santiago. REMITIDO CANDIDATURA
O médico Fernando Mayo confirma que optará a liderar o PP de Santiago. REMITIDO CANDIDATURA

Borja Verea confirma que optará a liderar o PP de Santiago.. PP DE SANTIAGO
Borja Verea confirma que optará a liderar o PP de Santiago.. PP DE SANTIAGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta