Ana Pontón, ante Gabriel Rufián: "faise un estereotipo do que os nacionalistas defendemos"

O deputado de Esquerra conversa coa voceira do BNG nunha entrevista marcada pola sombra de Feijóo: "aínda lles falta un pouco [para darse conta de como é]", incide.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2022 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O salto de Feijóo á política estatal vén de se seguido por unha atención renovada cara á oposición política en Galicia e, en particular, o BNG de Ana Pontón. A política natural de Sarria participou nestas xornadas nunha entrevista conducida por Gabriel Rufián que, a falta de saír á luz na súa totalidade, xa está dando que falar.

Ana Pontón en 'La Fábrica', entrevistada por Gabriel Rufián
Ana Pontón en 'La Fábrica', entrevistada por Gabriel Rufián | Fonte: La Fábrica-Twitter

"O problema é que se fai un estereotipo sobre o que nós [os nacionalistas] defendemos que non ten nada que ver", explica a voceira nacional no BNG nunha ampla sala baleira de aspecto industrial --non por nada o espazo de Rufián leva por nome 'La fábrica'--. No minuto e medio que a canle vén de publicar a modo de anticipo pode apreciarse claramente a sombra de Feijóo sobre a entrevista.

"De cero a dez, cando estás gozando de que a xente se estea a dar conta do que é Feijóo?", pregúntalle o parlamentario de Esquerra no comezo da metraxe. Pontón apunta un oito e deixa un pequeno engadido antes de devolver a pelota: "aínda lles falta un pouco", anticipa.

A entrevista de Rufián con Pontón publicarase este mesmo venres, poñendo así fin á semana laboral na que, previsiblemente, Feijóo abandonará a presidencia da Xunta de Galicia para tentar enfrontarse corpo a corpo con Pedro Sánchez e arrebatarlle o Goberno botando man dunha estratexia xa desenvolta por Rajoy ante o fiasco inmobiliario do 2008. No seu lugar quedará Alfonso Rueda, o político calado de segunda fila que nos últimos anos se configurou como o principal defensor da causa Xacobea. O partido pide "tempo" para el".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta