Galicia rexistra máis de medio milleiro de raios nunha tarde de treboadas

Meteogalicia informa de que a inestabilidade remitirá partir deste xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2022 | Actualizada ás 21:09

Comparte esta noticia

Galicia rexistra máis de medio milleiro de raios nunha tarde de mércores marcada polas treboadas que afectan a boa parte da comunidade. Segundo a información de Meteogalicia, estes raios caeron nas catro provincias, principalmente a partir das 16,00 horas.

Igualmente, esta xornada de xoves estivo marcada pola sarabia que caeu nalgunhas zonas da provincia de Ourense e afectou a viñas, tales como as de Bibei, no municipio de Trives, na denominación de orixe de Ribeira Sacra, así como noutras de Ribeiro (O Carballiño, Boborás e San Amaro).

Pola súa banda, Meteogalicia informa de que a inestabilidade remitirá partir deste xoves, xa comezará un período seco con ascenso de temperaturas, especialmente nas tardes de venres e sábado.

Raio nunha treboada. Foto de arquivo.. EUROPA PRESS - Arquivo
Raio nunha treboada. Foto de arquivo.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta