Chaman a sumarse ao 'Mapa Cénit' de iniciativas de Educación para a Cidadanía Global

O proxecto busca visibilizar, xerar referentes e tecer comunidade en torno a estas estratexias educativas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O Grupo de Investigación Educación para a Cidadanía Global (ECIGAL) e a ONG Solidariedade Internacional de Galicia (SIG) veñen de facer un chamamento a entidades galegas, institucións educativas e profesorado co obxectivo de recoller novas experiencias de Educación para a Cidadanía Global no Mapa Cénit, un proxecto que xa suma 87 iniciativas. 

Mapa Cénit en Galicia
Mapa Cénit en Galicia | Fonte: Universidade da Coruña

Isto, co propósito de seguir construíndo un espazo para "recoñecer e visibilizar estas experiencias, dar a coñecer referentes de consulta e guía para iniciarse nela, achegar recursos na materia e para tecer unha comunidade que reflexione e avance conxuntamente cara a novos enfoques", explican nun comunicado. A Educación para a Cidadanía Global trátase dunha estratexia que ten como obxectivo inculcar os valores, actitudes e comportamentos que constitúen a base dunha cidadanía responsable: a creatividade, os dereitos humanos ou o desenvolvemento sostible funcionan como piares desta educación.

O Mapa Cénit, pola súa banda, é un proxecto que naceu no 2013 cando ambos grupos identifican un gran número de profesionais en exercicio que están levando a cabo traballos de interese sobre a ECG e botan a andar unha iniciativa para "superar o enfoque que reduce a disciplina a experiencias moi illadas". Deste xeito, comezan a traballar no camiño de establecer liñas de colaboración e aprendizaxe compartido sobre a materia. A metodoloxía escollida para levar a cabo este proxecto foi a cartografía social, que permite

mapear as experiencias dun xeito colaborativo e participativo. 

ECIGAL e SIG, ademais, presentan este mes de abril tres novidades que permiten a entidades sociais, profesorado e profesionais das institucións educativas afondar máis na materia da Educación para a Cidadanía Global. Un espazo de foro e conversa sobre ECG (“Comunidade ECG”), unha newsletter coas últimas novidades na materia e informacións sobre iniciativas recollidas no mapa, ademais dunha páxina con recursos para achegarse á ECG, son as tres novas ferramentas que presentan neste 2022.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta