A Xunta inxecta 1,2 millóns de euros no sector musical galego

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2022 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

A Xunta lanzou a convocatoria dunha nova liña de subvencións dirixida ao talento musical galego que suporá un investimento de 1,2 millóns de euros. Este fondo, que forma parte do plan do Goberno galego para o 'Hub Audiovisual' da Industria Cultural, irá destinado á promoción e difusión de proxectos artísticos profesionais.

Esta inxección de capital ao sector, executada a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), é o "resultado dun proceso de diálogo coa Asociación Galega de Empresas Musicais" (AGEM), explicou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, a unha representación do sector o día 23 de abril.

As subvencións, segundo recolle a orde publicada este venres no DOG, poderán solicitarse desde mañá ata o 6 de xuño por parte de profesionais autónomos ou empresas musicais de Galicia.

Nun comunicado, a Xunta explica que esta convocatoria extraordinaria, cuxo alcance esténdese ata 2023, proporcionará un "salto cuantitativo e cualitativo" respecto de anteriores axudas destinadas ao sector musical.

Respecto do financiamento, custeará ata o 70% dos gastos de cada proxecto adxudicatario que estea relacionado con produción, comercialización e mercadotecnia, promoción e comunicación, distribución dixital, concertos e xiras, consultoría e persoal, entre outros.

Concerto durante a pasada edición do FIV de Vilalba. JAVIER ROSA
Concerto durante a pasada edición do FIV de Vilalba. JAVIER ROSA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta