Valdeorras presume de 'choiva de premios' aos seus viños en certames nacionais e internacionais

“É un indicador clave de que o sector vitivinícola valdeorrés está a facer un bo traballo”, asegurou o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando.

Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 09/05/2022 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

Os viños da D.O. Valdeorras seguen a gañar premios e recoñecementos en diferentes foros e convocatorias de renome como foron esta semana os Premios Bacchus, Vinespaña e o Challenge Internacional du Vin. En palabras de José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador, “é un indicador clave de que o sector vitivinícola valdeorrés está a facer un bo traballo”.

José Luis García Pando, presidente do CRDO Valdeorras. Fonte: Ideo Business
José Luis García Pando, presidente do CRDO Valdeorras. Fonte: Ideo Business

Así, nos prestixiosos Premios Bacchus, foron recoñecidas catro referencias de cadansúa adega da comarca na categoría “ouro”: A Coroa de Adega A Coroa S.A.T; Joaquín Rebolledo Finca Trasdairelas de Joaquín Rebolledo S.A.; O Luar do Sil Vides de Córgomo de Pago de los Capellanes S.A. e Fardelas de Santa Marta S.A.T.

Por outra banda, nesta mesma convocatoria de premios e na categoría de “prata” resultaron premiadas cinco referencias valdeorresas. En concreto, foron Agoreira de Adegas Terrae S.L.; Guitián sobre Lías de Bodegas La Tapada S.A.T.; O Luar do Sil Godello sobre Lías de Pago de los Capellanes S.A.; Codos de Loranco de Viña Costeira SCG e Neno de Viña Somoza Bodegas e Viñedos S.L.

PREMIOS VINESPAÑA 2022

Tamén nesta semana, nos Premios Vinespaña 2022 outorgados pola Federación Española de Enoloxía (FEAE) distinguíronse con “ouro”: Hacienda Ucediños Godello de Hacienda Ucediños S.L.; Joaquín Rebolledo Godello de Joaquín Rebolledo S.A.; Viñaredo Godello de Bodegas Santa Marta e Godeval de Bodegas Godeval. Na categoría de “prata” foron recoñecidas as referencias: Quinta da Peza Godello de Quinta da Peza S.L. e Viñaredo Sousón de Bodegas Santa Marta.

Premios Bacchus. Foto: Prensa CRDO Valdeorras
Premios Bacchus. Foto: Prensa CRDO Valdeorras

CHALLENGE INTERNATIONAL DU VIN

Finalmente, a semana triunfal dos viños valdeorreses completouse cun recoñecemento no Challenge International du Vin que distinguiu cunha medalla de ouro ao Mil Ríos Godello Barrica 2017 de Adega Terriña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta