O fundador de Vegalsa-Eroski xa ten rúa en Vigo

O Concello destaca a vinculación de Ventura González con esta cidade e a súa visión empresarial.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/07/2014 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Ventura González Prieto xa ten unha rúa en Vigo. É a homenaxe que o Concello de Vigo lle quixo facer a este empresario, fundador de Vegalsa-Eroski, xusto onde o homenaxeado construíu o seu primeiro gran almacén hai case 50 anos.

Abel Caballero co director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, na apertura dunha rúa co nome do seu pai e fundador do grupo, Ventura González
Abel Caballero co director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, na apertura dunha rúa co nome do seu pai e fundador do grupo, Ventura González | Fonte: Concello de Vigo

Precisamente, neste cidade foi onde Ventura Gómez comezou a súa actividade empresarial pouco despois de namorarse da súa muller. Emprendeu, con apenas 20 anos, "unha aventura empresarial que moi pronto comezou a crecer".

Durante o acto, presidido polo alcalde, Abel Caballero, o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, destacou a unión entre o seu pai e a cidade olívica, así como o seu compromiso co sector alimentario galego.

O punto de inflexión da súa carreira no mundo dos negocios chegou en 1975 coa fundación de Mercash S.L., a primeira sociedade especializada na actividade de "cash&carry" para dar servizo aos profesionais da hostalaría e a alimentación.

Alianza con Eroski

En 1998, a firma conseguiu o impulso definitivo tras a alianza co Grupo Eroski, unha unión que conta con 265 establecementos entre propios e franquiciados en Galicia, Asturias e Castela e León, e dá emprego na actualidade a 550 persoas en Vigo e a máis de 1.000 na comarca.

Caballero destacou que a dedicatoria dunha rúa supón o recoñecemento de "esforzos, traballos e contribucións" para "pór de relevo que algúns vigueses fixeron unha traxectoria vital excepcional" e, neste caso, "unha contribución moi especial á cidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta