Asinado un documento de colaboración entre Deputación da Coruña e a UIMP para organizar cursos formativos

A Deputación cofinancia seis cursos presenciais dirixidos a alumnado universitario e a profesionais que buscan actualizar os seus coñecementos ou unha formación continuada.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/05/2022 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña mantén a súa colaboración coa Universidade Menéndez Pelayo (UIMP) a través dunha achega de 40.000 euros para financiar actividades académicas do centro.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, e a reitora da UIMP, María Luz Morán Calvo-Sotelo, asinaron, na sede provincial, o convenio a través do que o organismo coruñés achega o 73,66% do custo total das iniciativas a financiar, valoradas en 54.300 euros.

Con este investimento, a Deputación cofinancia seis cursos presenciais dirixidos a alumnado universitario e a profesionais que buscan actualizar os seus coñecementos ou unha formación continuada.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a reitora da UIMP, María Luz Morán Calvo-Sotelo, asinan un convenio de colaboración. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a reitora da UIMP, María Luz Morán Calvo-Sotelo, asinan un convenio de colaboración. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta