Manifestación de miles de traballadores do metal da provincia da Coruña demandando melloras salariais e laborais

A folga e as mobilizacións convocáronse tras dous anos de negociacións sen "avances" e despois de que a patronal, na última reunión, presentará unha proposta económica, que os sindicatos rexeitan.

Por E.P. | A CORUÑA | 18/05/2022 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

Varios miles de traballadores do metal da provincia da Coruña, máis de 5.000, segundo os sindicatos, e 1.400, segundo datos da Policía Local, mobilizáronse na cidade herculina en demanda dun convenio e de melloras salariais e laborais.

Fixérono no marco dunha xornada de paro que levan protagonizando durante este mes e que, nesta ocasión, consistiu nunha manifestación desde a rotonda de Santa Cristina ata Monelos, onde se atopa a sede da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC).

Na mobilización, cortaron o tráfico desde a ponte da Pasaxe en dirección á cidade herculina e nunha mobilización que pasou pola avenida de Alfonso Molina. Durante a mesma, e tamén durante os piquetes informativos, escoitáronse os petardos que lanzaron na terceira xornada de folga do sector, á que foron convocados os máis de 16.000 traballadores que o integran.

Eduardo Camaaño, portavoz de CIG-Industria no convenio do metal, cualificou de "éxito" esta terceira xornada de folga e cifrou nun 80% o seguimento nas empresas de máis de 50 traballadores. A folga e as mobilizacións convocáronse tras dous anos de negociacións sen "avances" e despois de que a patronal, na última reunión, presentará unha proposta económica, que os sindicatos rexeitan.

Aínda que apuntan a que non hai grandes diferenzas entre o que una e outra parte expoñen, descartan unha "xornada irregular" ou un convenio a seis anos "sen actualización do IPC no salario". Tamén piden a subrogación de traballadores de empresas de mantemento. Durante as mobilizacións, ademais de petardos e o ruído das bucinas, escoitáronse proclamas como 'Convenio do metal solución' ou 'Con esta patronal vainos moi mal'.

Mobilización na  terceira xornada de folga do sector siderometal na provincia da Coruña. M. Dylan - Europa Press
Mobilización na terceira xornada de folga do sector siderometal na provincia da Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta