O BNG quere unha “demostración de forza” o 25X a prol da soberanía

“O dereito a decidir non é só unha aspiración política, é a mellor ferramenta para loitar contra o paro, a emigración e a miseria”, di Bieito Lobeira.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/07/2014 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

En Pé por Galiza! Soberanía, democracia e dereitos” é o lema da campaña elixida polo BNG para celebrar o vindeiro 25 de xullo en Compostela. Unha data que os nacionalistas queren converter nunha “demostración de forza” a prol da soberanía.

Presentación dos actos do 25 de Xullo por parte do BNG
Presentación dos actos do 25 de Xullo por parte do BNG

E é que o BNG iniste en que unha Galicia independente pode resolver os principais problemas que lle afectan aos cidadáns. “Reclamar o dereito a decidir de Galiza non é só unha aspiración política é unha necesidade para combater do mellor xeito o desemprego, a explotación no posto de traballo, a emigración, o empobrecemento, a situación de miseria que se da no país, os dramas humanos que padecen milleiros de galegos e galegas. Para iso fai falla soberanía, é a mellor arma que temos para enfrontar desde Galiza estes problemas da sociedade”, argumentou o secretario de Organización Bieito Lobeira.

E, con esta reivindicación, os nacionalistas queren “encher” a Quintana para denunciar a “submisión” de Feijóo ás “estratexias recentralizadoras de Madrid”. “Que Galiza conte dependerá tamén da capacidade de presión social do noso país nunha cita como a do 25 de xullo”, alegou Lobeira.

Este ano cumpriranse 30 anos da tradicional manifestación que o BNG realiza o 25 de xullo. Unhas manifestacións que, desde hai uns anos, comparte con outras formacións nacionalistas e independentistas.  Por iso, a secretaria de Imaxe e Campaña, Paula Prado, apelou aos “miles e miles de galegos e galegas que non están dispostos a renderse, a tirar a toalla” a mobilizarse na manifestación do Bloque para evitar que Galiza “pase a segunda división”.

A esta manifestación do 25 de Xullo, como é tradicional, asistirán delegacións doutras organizacións políticas das nacións sen estado en Europa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

6 Leónj

sexa Beiras o malo que sexa iso non vai facer mellor ao BNG e estas parvadas seguen demostrando a súa falta de conexión coa realidade

5 Demostra... quê??

Vaia parida! Melhor fariam mobilizando as suas bases para fazer alguma cousa útil polo país, como abrir galescolas cooperativas, antes que andar com estas charlotadas..

4 Patria si Lumpem non

Ao gaiteiriño dabaixo non lle van as soplacarenciasúas nin soberanías mais sí as soberbias da traición piñeirista. Aos que o editan, no entusiasmo da camaradería e o correlixionarismo esqueceron o de fala mellor, ou era o español?

3 Abrairada

Estos tipos ademais de malos son moi parvos...! Que demostración de forza nin que farrapos de gaita! Se teñen 4 votiños mal contados! Que se deixen dunha vez de abertzaladas que aqui non nos van esas soplapolleces, e fagan política de verdade, e seria en prol de Galiza.

2 Nacionalista Galego

Patéticos! Hoxe o BNG lembra ao PP de Albor. No canto da faciana de Albor veremos a de Bieito Lobeira co mesmo lema: "Galegos coma ti". Son incompetentes,bandulleiros sen ideas.

1 5000 euros por non ir

Son Bandulleiros non como Beiras que ten tableta de chocolate nos abdominais