O BNG quere unha “demostración de forza” o 25X a prol da soberanía

“O dereito a decidir non é só unha aspiración política, é a mellor ferramenta para loitar contra o paro, a emigración e a miseria”, di Bieito Lobeira.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/07/2014 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

En Pé por Galiza! Soberanía, democracia e dereitos” é o lema da campaña elixida polo BNG para celebrar o vindeiro 25 de xullo en Compostela. Unha data que os nacionalistas queren converter nunha “demostración de forza” a prol da soberanía.

Presentación dos actos do 25 de Xullo por parte do BNG
Presentación dos actos do 25 de Xullo por parte do BNG

E é que o BNG iniste en que unha Galicia independente pode resolver os principais problemas que lle afectan aos cidadáns. “Reclamar o dereito a decidir de Galiza non é só unha aspiración política é unha necesidade para combater do mellor xeito o desemprego, a explotación no posto de traballo, a emigración, o empobrecemento, a situación de miseria que se da no país, os dramas humanos que padecen milleiros de galegos e galegas. Para iso fai falla soberanía, é a mellor arma que temos para enfrontar desde Galiza estes problemas da sociedade”, argumentou o secretario de Organización Bieito Lobeira.

E, con esta reivindicación, os nacionalistas queren “encher” a Quintana para denunciar a “submisión” de Feijóo ás “estratexias recentralizadoras de Madrid”. “Que Galiza conte dependerá tamén da capacidade de presión social do noso país nunha cita como a do 25 de xullo”, alegou Lobeira.

Este ano cumpriranse 30 anos da tradicional manifestación que o BNG realiza o 25 de xullo. Unhas manifestacións que, desde hai uns anos, comparte con outras formacións nacionalistas e independentistas.  Por iso, a secretaria de Imaxe e Campaña, Paula Prado, apelou aos “miles e miles de galegos e galegas que non están dispostos a renderse, a tirar a toalla” a mobilizarse na manifestación do Bloque para evitar que Galiza “pase a segunda división”.

A esta manifestación do 25 de Xullo, como é tradicional, asistirán delegacións doutras organizacións políticas das nacións sen estado en Europa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

1 #noncontenconmigo

Que Xavier Vence lle pida axuda ao seu sogro Camilo Nogueira. E que este convide aos socios seus da Sicav de Luxemburgo a manifestarse polos privilexios da casta. Sen vergoñas, ao feito peito!

1 Melero te veo

Sicav constituida 10 anos despois de que Nogueira estivese ai

2 Bloque de dereitas

Non hai taparrabos posible para o BNG: en infolibre.es, que destapou a trama da Sicav, tes os dados. Dades noxo bloqueiros vendidos, moita fame ides pasar, sodes tristes alcauetas do poder! Na mesma Sicav que Rosa Diez e Carmen Fraga! Tan quentiños para non pasas frio... Xa non hai xabron que quite tanto unto!

3 pena de morte a dereita

izquierda unida capitalista anda en nadega pura co amigo o funcioneta aleman willy mayer... tamen chamado willy fog que tiña sicavs en paraisos fiscais en fondo de reptis e certa persoa de muita edade, que non vou mencionar apoiando esa lista enchoupa, engorrinada

4 Casposos Patriotas

Que si, que na praza da Quintana iran de ganchete Vence e o seu sogro Camilo Nogueira, acompañado de Carmencita Fraga e o descoñecido cuñado de Rajoy, pasando pola ultra Rosa Diez, Mayor Oreja, e non faltara o expañolista Willy Meyer (co vello tamen). Todos cun lema comun: Todo pola Patria do Peto!