Terremoro de magnitude 2,3 en Triacastela

Foi rexistrado a primeira hora deste venres. O xoves producíronse dous tremores en Covelo.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 20/05/2022 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

Un tremor de terra de magnitude 2,3 foi rexistrado a primeira hora deste venres no concello lugués de Triacastela. Segundo informa o Instituto Geográfico Nacional (IGN), o tremor produciuse pouco antes das 6,30 horas da mañá e orixinouse a unha profundidade de 6 quilómetros.

Tremor de terra rexistrado en Triacastela (Lugo)
Tremor de terra rexistrado en Triacastela (Lugo) | Fonte: IGN.

Unhas horas antes, pouco despois das 2,00 horas da madrugada, o noroeste peninsular rexistraba outro terremoto, neste caso de magnitude 5,4, con epicentro no municipio leonés de San Emiliano e que foi sentido en localidades próximas.

Este xoves, pola súa banda, producíronse dous tremores de terra --de 2,1 e 2,2 graos-- no concello pontevedrés de Covelo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta