A Garda Civil reparte chalecos reflectores na Coruña para previr accidentes

O 40% das mortes en estrada corresponden a peón, ciclistas e motoristas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2022 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

Peóns, ciclistas e motoristas representan o 40% das vítimas mortais nas estradas da provincia da Coruña, segundo expuxo a subdelegada do Goberno, María Rivas, nunha nova campaña de Tráfico e a Garda Civil neste colectivo considerado vulnerable. Mediante a mesma, axentes da Garda Civil entregarán chalecos reflectores e material impreso con recomendacións e normas co obxectivo de "cero vítimas", apuntou María Rivas.

"Temos unha gran preocupación sobre este colectivo, que representou o ano pasado unha de cada tres vítimas mortais e son un 40% no que vai de ano", sinalou ao avanzar unha repartición masiva de chalecos reflectores a peóns, peregrinos e peregrinas e ciclistas nas estradas da provincia ata o domingo. Expúxoo nun acto na ponte da Pasaxe, acompañada pola directora provincial de Tráfico, Vitoria Gómez, e o responsable da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, Antonio Velasco.

Sobre os datos de sinistralidade, a subdelegada do Goberno lembrou que son xa 15 as vítimas mortais nesta provincia no que vai de ano. "Tres máis que o ano pasado", con catro peóns e dous motoristas falecidos. Por iso, a Dirección Xeral de Tráfico empeza unha campaña especial de sensibilización sobre usuarios e usuarias vulnerables, que se estende ata o domingo.

"A idea é sensibilizar", recalcou a directora da DGT a nivel provincial e autonómico, quen incidiu en que o atropelo é "moi característico" na comunidade autónoma galega. En particular, e de cara ao verán, aludiu ao colectivo dos ciclistas, "especialmente vulnerable", apuntou.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presenta unha campaña de Tráfico entre colectivos vulnerables. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presenta unha campaña de Tráfico entre colectivos vulnerables. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta