Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/05/2022 | Actualizada ás 19:40
O municipio de Sanxenxo rexistrou cifras marca de ocupación hoteleira coa presenza do rei emérito Juan Carlos I desde a súa chegada o pasado xoves ata a súa marcha este luns da localidade turística. Así, con máis de 200 medios acreditados, os hoteis estiveron cheos ou con ocupación do 80 por cento, mentres que outra mostra dela foi que o aparcadoiro recadou un 131 por cento máis que a mesma semana de 2019.
A través dun comunicado, o Concello de Sanxenxo destaca que "non houbo nin unha hora" en que as distintas canles informativas non ofreceses imaxes da localidade. Calcúlase, aínda que as cifras se darán a coñecer máis adiante, un impacto mediático de "decenas de millóns de persoas" coa emisión de informativos, magacíns, programas de entretemento e corazón que "falaron de Sanxenxo".
O alcalde, Telmo Martín, expresou "o sentimento xeral" da veciñanza, que están "moi agradecida aos medios de comunicación que transmitiron a toda España a beleza e hospitalidade de Sanxenxo". "Moitas grazas de corazón", manifestou.
O exemplo que máis se achega a este seguimento informativo é a Volvo Ocean Race que en 2005 concentrou a metade dos medios que agora se desprazaron. Entón a atención informativa centrouse nun día ou dous, coincidindo coa celebración da regata previa á saída.
DATOS "MOI SUPERIORES"
O alcalde apunta que o interese xerado pola visita e a atención mediática se traduciu nuns datos de ocupación e consumo "moi superiores" ao que é habitual na semana de maio das Letras Galegas. "Cremos que o mellor está aínda por chegar. Sanxenxo notarao nas próximas semanas e meses", sinalou Martín, quen apuntou que a imaxe que se deu a coñecer por parte dos medios "axudará a que moitas familias españolas teñan a curiosidade de coñecer o lugar".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.