CSIF alerta dun aumento das agresións en hospitais e pide reforzar o número de vixiantes de seguridade

Denuncia os episodios violentos sufridos por dous traballadores dos hospitais do Salnés e Pontevedra

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2022 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) de Galicia alertou dun repunte nas agresións a profesionais dos centros sanitarios, polo que demanda un reforzo do número de vixiantes de seguridade.

Nun comunicado emitido este luns, CSIF denunciou os episodios violentos sufridos por dous traballadores dos hospitais do Salnés e Pontevedra, este último, segundo o sindicato, rexistrado a finais da semana pasada.

Avisan "dun repunte no aumento da inseguridade" cara aos traballadores destes centros, que sofren "ameazas, insultos e agresións" que "fan insuficientes" as medidas tomadas recentemente, como a dotación de chalecos anti cortes e picadas para os vixiantes.

Neste sentido, CSIF incidiu en que os profesionais de seguridade "non dan abasto" ante a actitude dos "centos de persoas" que acoden aos centros sanitarios a diario porque, din, atópanse nunha situación "de gran vulnerabilidade" ao "non estar amparados xuridicamente no exercicio das súas funcións" por carecer da condición de axentes da autoridade.

Ambulancias en Urxencias dun hospital galego tras trasladar a posibles contaxiados con coronavirus
Ambulancias en Urxencias dun hospital galego tras trasladar a posibles contaxiados con coronavirus | Fonte: M.N.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta