Convocan unha manifestación contra a avalancha eólica en Galicia

Terá lugar o vindeiro 5 de xuño en Santiago de Compostela.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2022 | Actualizada ás 15:24

Comparte esta noticia

Galicia volverá saír ás rúas contra a avalancha de proxectos eólicos que seguen afectando ao territorio galego a pesar da moratoria da Xunta de Galicia, criticada mesmo polo CCG. A coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 180 entidades e plataformas de todo o país, vén de anunciar en rolda de prensa a convocatoria dunha gran manifetación para o vindeiro 5 de xuño, Día do Medio Ambiente, baixo o lema “Temos Alternativa!”.

Centos de persoas participan en Santiago de Compostela nunha manifestación contra os parques eólicos. César Arxina - Europa Press
Centos de persoas participan en Santiago de Compostela nunha manifestación contra os parques eólicos. César Arxina - Europa Press

A mobilización sairá ás 12 da mañá do Paseo da Alameda de Santiago de Compostela, como xa aconteceu con outra grande marcha celebrada á mesma altura de 2021 e que marcou un novo capítulo no historial de mobilización contra estes proxectos. Desta vez, as entidades convocantes queren chamar a atención sobre a "necesidade de rachar co modelo tradicional de produción e consumo de enerxía para acadar unha transición ecolóxica e unha descarbonización da economía socialmente xusta e ecoloxicamente viábel".

Eríxense así "en contraposición co actual modelo imposto pola Xunta e o Estado español", demandando, iso si, unha transición ecolóxica que non estea só á orde "dos intereses das grandes corporacións da enerxía e que non contribúe a superar o reto climático, pois segue apostando polo espolio do territorio, a fragmentación de hábitats e a perda de biodiversidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta