Sobe ao 2,68% a porcentaxe de camas ocupadas por pacientes covid en UCI

A media estatal ascende ao 4,25%.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/05/2022 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

A porcentaxe de camas UCI ocupadas por pacientes Covid-19 en Galicia aumentou ao 2,68 por cento con respecto ao martes pasado, mentres que a media estatal ascende ao 4,25%. Así se desprende do informe publicado este venres, 27 de maio, polo Ministerio de Sanidade, que se actualiza dúas veces por semana, no que se indica que os pacientes ingresados ata o 25 de maio reducíronse en Galicia a 536, fronte aos 614 do martes pasado, de entre os 6.980 no conxunto de España, mentres soben a 20 o críticos --tres máis-- dos 379 de todo o país.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - Xunta.

A taxa de ocupación por 100.000 habitantes baixa en Galicia a 19,88 e a do conxunto de España descende ao 14,73, mentres que no caso da UCI sobe ao 0,74 no caso galego e ao 0,8 no conxunto do Estado.

Pola súa banda, a taxa de novos ingresos por 100.000 habitantes redúcese ao 12,84 en Galicia, fronte ao 13,37 da media estatal; mentres que no caso de UCI baixa ao 0,37, mentres que o cociente estatal sobe ao 0,73.

En canto á incidencia acumulada en Galicia en maiores de 60 anos --nos que se centra actualmente a estratexia de control da Covid-19 en España--, segundo os datos actualizados este venres, redúcese a 787,66 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatal baixa a 728,22.

Segundo o informe, ata o 25 de maio de 2022 faleceron pola Covid en Galicia 3.473 persoas das 106.341 en España, delas 15 no últimos sete días de entre 260 no conxunto do Estado.

A taxa de mortalidade global da pandemia por 100.000 habitantes ascende lixeiramente a 128,54, fronte á media estatal de 224,11. Pola súa banda, a taxa semanal de mortalidade por millón de persoas sobe a 16,32, fronte ao 9,37 estatal.

Con todo, Galicia mantén a letalidade global da pandemia máis baixa de España, co 2,3%, fronte á media nacional do 4,2%, seguida de Canarias (2,4%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta