Xunta e ADEGA seguirán colaborando no Proxecto Ríos

O programa leva xa 10 anos funcionando e nel participaron centos de voluntarios.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/07/2014 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

A presidenta de ADEGA, Virxinia Rodríguez, e a nova conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinaron un convenio de colaboración entre a Xunta e ADEGA polo que se garante o financiamento público do Proxecto Ríos este 2014.

A conselleira de Infraestruturas, Ehtel Vázquez, e a presidenta de Adega, Virxinia Rodríguez
A conselleira de Infraestruturas, Ehtel Vázquez, e a presidenta de Adega, Virxinia Rodríguez

Logo de 10 anos, e con tres lexislaturas de diferentes gobernos, centos de voluntarios teñen participado no proxecto de limpeza ambiental e custodia fluvial máis numerosa e estendido de Galicia. 

O Proxecto Ríos é un programa de voluntariado e educación e sensibilización ambiental arredor dos ríos. O obxectivo é promover a sustentabilidade en relación coa contaminación e co deterioro dos ecosistemas fluviais analizando a calidade das augas –fisicoquímica e biolóxica- e o estado de conservación das marxes fluviais e dos ecosistemas.

Máis de 3000 persoas implicadas no coidado dos ríos

Segundo informou Adega nun comunicado, a metodoloxía do traballo baséase na implicación do voluntariado local que inspecciona as condicións ecolóxicas dos ríos e faise responsábel da vixilancia e protección dun treito. Dende hai 10 anos ADEGA ven promovendo e dando soporte en Galiza a este proxecto, e arestora hai por todo o país 283 grupos de voluntarios e voluntarias que implican a máis de 3000 persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Un de ANOVA

Grande ADEGA! Os que mellor defenden Galiza. Xente que como o Sindicato Labrego Galego,resistiu o politiqueo da seita UPG.