Por Galicia Confidencial | Quiroga | 19/07/2014 | Actualizada ás 09:00
A diferencia dos bolos que todos coñecemos, a mecánica deste xogo consiste en golpear cunha bola de madeira os bolos dende unha rampa e chimpalos á máxima distancia posible. Dende a rampa de lanzamento hai dúas liñas de puntuación, unha de 10 metros e a outra de 20. Cada bolo que traspase a liña de 10 acadará 10 puntos e cada bolo que traspase a de 20 metros acadará 20 puntos.
Iso si, hai unha condición imprescindible para poder puntuar, que o bolo co que se golpea traspase como mínimo a liña de 10, e nese cado o propio pase da bola puntúa con 9 puntos. Se nunha tirada non se pasa nin a bola da primeira liña de puntuación considérase tirada nula, sería "cochar" segundo os vellos do lugar que lles foron transmitindo as reglas estes anos. Pódese xogar en equipos ou de xeito individual e pactándose o número de rondas. O gañador será o que faga máis puntos ao final do xogo.
O día 20 deste mes, ás 10.00 h, celebrarase en Anguieiros, na parroquia de Montefurado e Concello de Quiroga, o III Campionato de Bolos Celtas organizado por esta Asociación esperando pasar dos 20 inscritos. Haberá importantes premios para os tres primeiros competidores.
Máis información: Asociación Sociocultural Boca do Monte
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.