A Deputación da Coruña apoiará 45 entidades na loita contra a violencia de xénero

O programa Youtubeiras chega á súa sexta edición este ano.

Por E.P. | A CORUÑA | 01/06/2022 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña destinará máis de 400.000 euros a 45 entidades que traballan no desenvolvemento de políticas de igualdade e loita contra a violencia de xénero. Con esta liña de axudas, apoiará programas de fomento da igualdade, con especial atención á conciliación, o empoderamento e a loita contra a violencia machista.

Así mesmo, segundo informa a institución provincial, 'Pequenas grandezas', das alumnas do IES de Arzúa Andrea Varela e Aurora Rodríguez, foi o proxecto gañador do VIII Concurso de guións contra a violencia de xénero, convocado pola Deputación da Coruña.

YOUTUBEIRAS

Por outra banda, o programa Youtubeiras chega á súa sexta edición este ano. Trátase dun proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de once concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña. O seu obxectivo é fomentar a creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, fixo balance da concesión de axudas do órgano provincial para paliar a alza do custo do combustible. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente provincial, Valentín González Formoso, fixo balance da concesión de axudas do órgano provincial para paliar a alza do custo do combustible. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta