A CIG insta os concellos a esixir subas salarias no Servizo de Atención no Fogar

Cunha protesta ante o consistorio coruñés, iniciou este xoves un calendario de mobilizacións.

Por E.P. | | 02/06/2022 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

CIG-Servizos iniciou este xoves na Coruña un novo calendario de mobilizacións para esixir unhas condicións laborais e económicas "xustas" para as traballadoras do Servizo de Atención no Fogar.

Con elas, busca que os concellos, nos que presentará mocións e preguntas nos plenos, esixan ás empresas concesionarias "a aplicar de inmediato o incremento salarial do 6,5%, que se corresponde co IPC de 2021".

A primeira das concentracións tivo lugar este xoves diante do Palacio Municipal de María Pita. No caso da Coruña, explica que as dúas empresas concesionarias do servizo "se negan a aplicar o aumento do 6,5%, segundo o establecido no convenio colectivo sectorial, que é de ámbito galego".

Segundo CIG-Servizos, en Galicia hai 250 empresas rexistradas de Servizo de Axuda no Fogar para as que traballan unhas 8.000 persoas, as 95% mulleres. Con todo, sinala que só catro compañías actualizaron os soldos ao IPC real. "O resto ou non pagou ou está a abonar a metade", explica o sindicato, que alerta tamén da "precariedade" neste sector.

Protesta da CIG para reclamar melloras nas condicións laborais do SAF
Protesta da CIG para reclamar melloras nas condicións laborais do SAF | Fonte: CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta