A patronal galega afirma que "tan só un de cada catro euros dos fondos Next Generation chegaron ás empresas"

Vieites avisa da "complicada situación que viven as empresas" e reclama que se "acelere" a execución das partidas europeas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/06/2022 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, reclamou ao Goberno central que "acelere" a execución dos fondos Next Generation, xa que "tan só un de cada catro euros chegaron ás empresas". Unha idea na que coincidiu o vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, quen insistiu nunha repartición "áxil", "transparente" e en "igualdade de condicións".

Asemblea da CEG en Santiago co presidente da patronal galega, Juan Vieites, e os conselleiros Francisco Conde, Ethel Vázquez e María Jesús Lorenzana
Asemblea da CEG en Santiago co presidente da patronal galega, Juan Vieites, e os conselleiros Francisco Conde, Ethel Vázquez e María Jesús Lorenzana | Fonte: CEG.

Así se expresaron no acto de clausura da Asemblea Xeral da patronal galega, na que se aprobaron as contas de 2021 e o orzamento do ano vixente. 

No seu discurso, Vieites esixiu que se "reduza a carga burocrática para acceder" aos Next Generation, á vez que o Estado "estableza prazos razoables e realistas para presentar os proxectos", dado que se non, córrese o risco de que boa parte do empresariado quede fóra.

Nesta liña, Francisco Conde queixouse do risco de que estes fondos europeos non cheguen a sectores como o da automoción galega ou as pemes.

De tal forma, o responsable da patronal galega advirte da "complicada situación que viven as empresas", por mor de problemáticas como a pandemia, a crise de subministración e a inflación. Unha cuestión "agravada e peor que as do resto de Europa a colación dunhas decisións desacertadas do Executivo (central) e unhas evidentes debilidades estruturais da economía" que se deben afrontar "con prema".

Entre outros retos, referiuse a a reindustrialización, a dixitalización, a transición ecolóxica e a sistematización da innovación.

Igualmente, Vieites emprazou a Conde a traballar para conseguir o obxectivo de que a industria supoña o 20% do peso do PIB de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta