A Coruña acolle o congreso Corunna Innovate Summit, un evento sobre a "revolución dixital"

Por E.P. | A CORUÑA | 06/06/2022 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

A sede da Fundación Barrié na Coruña acollerá os próximos días 16 e 17 de xuño o congreso Corunna Innovate Summit, un evento sobre a revolución dixital organizado por DataSpartan, que reunirá a expertos nacionais e internacionais en intelixencia artificial, big data e computación de alto rendemento.

Segundo informou a organización nun comunicado, a cita contará con relatoras da talla de Ignacio Cirac, especialista da computación cuántica e Premio Príncipe de Asturias. No evento, cuxa inscrición e asistencia é gratuíta, a catedrática da UDC e coordinadora do grupo de investigación LIDA da Universidade e o CITIC, Amparo Alonso Betanzos, presentará o tema 'Economía baixa en carbono e Intelixencia Artificial. Intelixencia Artificial e Sustentabilidade'.

Así mesmo, Vicente Moret, tamén investigador do grupo LIDA, estará a presentar o proxecto NEASQC, que reúne a empresas e laboratorios de investigación para desenvolver avances en computación cuántica. Ademais, no congreso participará Paco Nathan, un dos maiores expertos en big data do mundo.

Intelixencia artificial
Intelixencia artificial | Fonte: Pixabay

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta