O Festival Vive Nigrán convoca unha segunda recolla de lixo na Praia América

A actividade desenvolverase o domingo 12 de xuño en colaboración co Concello de Nigrán.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O festival Vive Nigrán, a través da súa iniciativa Vive Sustentable, organiza o vindeiro domingo, 12 de xuño, a segunda xornada de recollida de residuos en Praia América coa

Recollida de lixo da Praia América no marco do festival Vive Nigrán
Recollida de lixo da Praia América no marco do festival Vive Nigrán | Fonte: Vive Nigrán

colaboración do Concello de Nigrán.

A xornada de limpeza coincide, así, coa celebración esta semana do Día dos Océanos, dentro das actividades programadas polo Concello para insistir no coidado da contorna mariña. As persoas interesadas en participar nesta actividade poden inscribirse a través dun

formulario na web do Concello de Nigrán. O prazo para as inscricións abrirase este luns 6 de xuño e finalizará o venres 10 de xuño.

A xornada arrincará ás 11 da mañá e o punto de encontro para os participantes será a escultura de BALMI (cedida por Vive Nigrán), xunto ao recinto do festival en Monte

Lourido. Está previsto que sexa a última recollida deste ano, logo de que na xornada de maio se retiraran máis de 200 quilos de lixo da praia.

"Desde o seu inicio, a organización de Vive Nigrán tivo presente a necesidade de actuar con respecto ante a riqueza ambiental da contorna na que se desenvolve o festival", explican nun comunicado. Medidas como proporcionar vasos biodegradables, a instalación dun xerador fotovoltaico, garantir a seguridade na zona dunar e actividades para a rapazada con talleres de reciclaxe así o testemuñan en anos anteriores.

Nesta sexta edición, o festival continuará impulsando accións vinculadas coa sustentabilidade e a protección da contorna co obxectivo de "concienciar a sociedade sobre a necesidade de reciclar, a importancia da conservación do mar e as súas especies, e para converter as praias en espazos libres de plásticos", sinalan. 

O festival Vive Nigrán celebrará a sexta edición o 15 e 16 de xullo, con Rigoberta Bandini, Iván Ferreiro, La Bien Querida, Niña Polaca, Cariño, Grande Amore, Colectivo Da Silva, Karavana, Eme DJ, e Cool Meniñas no cartel. Á programación desta edición súmase unha xornada extra, Vive Nigrán [+] co concerto de MIGUEL RÍOS & THE BLACK BETTY TRIO o domingo 17 de xullo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta