SDG Group prevé a contratación dun centenar de perfís altamente cualificados en Santiago

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2022 | Actualizada ás 20:36

Comparte esta noticia

SDG Group, firma de consultoría global especializada en 'big data' e intelixencia artificial, inaugurou este mércores en Santiago o seu "centro de excelencia". Ao acto asistiron, entre outros, o vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde; o CEO de SDG Group, Javier Urioste; e Antonio Torrado, socio director de SDG Group lidera o despregamento da compañía en Galicia.

A compañía busca con esta apertura "acelerar a dixitalización e a competitividade das entidades públicas e privadas galegas, axudándoas a innovar e a crecer a través dos datos".

Así, a compañía indica que desde 2021 activou un plan de contratación en Galicia de máis dun centenar de perfís tecnolóxicos altamente cualificados, cun investimento duns 5 millóns de euros.

Respecto diso, o vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, puxo en valor a confianza demostrada por SDG Group para abrir a súa nova sede en Galicia e captar talento local. Neste sentido, subliña que o sector TIC galego conta con preto de 26.000 empregados e 4.000 empresas.

SDG Group inaugura un centro en Santiago. XUNTA
SDG Group inaugura un centro en Santiago. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta