A receita da Xunta para atopar camareiros e albaneis: impulsar as ofertas laborais e as inspeccións

"O que non cadra é haxa moita xente nas listas do paro e que haxa numerosas ofertas laborais", di Rueda.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/06/2022 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

A falta de camareiros, cociñeiras ou albanís, entre outras profesións, é un dos graves problemas aos que se están enfrontando certos sectores económicos de Galicia como o da hostalaría ou o da construción, especialmente, tras a pandemia da Covid. Un problema que ten que ver co cambio xeracional pero tamén coa falla dun marco laboral estable.

Un café nun local de hostalaría
Un café nun local de hostalaría | Fonte: pxhere

A “gran dimisión” é o fenómeno de renuncia aos postos de traballo pre-pandemia e que xa non dan satisfeito as necesidades do persoal. É o que ocorre en Galicia coa hostalaría? “Faltan traballadores, si, pero isto hai anos que ocorre, despois da pandemia moitos optaron por entrar en sectores onde se sentían máis cómodos” di Thor Rodríguez, presidente de Hostalaría de Compostela.

Unha nova problematica para que a Xunta non ten solucións, aínda que o propio presidente galego, Alfonso Rueda, recoñece que é un problema importante. "É algo real e está aí", dixo este xoves na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. "As causas son variadas", indicou, para recoñecer que parte das responsabilidades desta situación son da Xunta e outras do Goberno central.

Por iso, entre as medidas para afrontar esta situación, Rueda apostou por incentivar ofertas laborais máis acordos aos postos vacantes pero, sobre todo, aumentar a actividade das inspeccións laborais, tanto as que dependen do Ministerio de Economía, coma as que dependen de Turismo, organismo dependente da Xunta. "O que non cadra é haxa moita xente nas listas do paro e que haxa numerosas ofertas laborais", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta