Un menor denunciado en Lugo por usar o móbil mentres conducía un patinete eléctrico

O vehículo non tiña número de serie.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 10/06/2022 | Actualizada ás 16:11

Comparte esta noticia

A Policía Local de Lugo interceptou e denunciou a un menor de idade indocumentado que circulaba nun patinete eléctrico mentres manipulaba o teléfono móbil cunha man. Segundo relatou a Policía, durante a madrugada deste 10 de xuño efectivos do Grupo Operativo Nocturno detectaron ás 1,30 horas a circulación irregular pola rúa San Marcos.

Patinete eléctrico na beirarrúa
Patinete eléctrico na beirarrúa | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Unha vez interceptado, os axentes comprobaron que o patinete non presentaba ningún número de serie, "dando a impresión de que a construción do citado vehículo de mobilidade persoal se fixo de dous vehículos distintos", indican as mesmas fontes. O menor explicou que llo comprou a un amigo, que descoñecía de onde o adquirira e que o trouxo de Romanía.

Ao estar indocumentado, o condutor foi trasladado a dependencias policiais para a súa identificación, do que foi informada a súa nai, quen compareceu en dependencias policiais para acompañar o menor nesta dilixencia.

Debido á falta de identificación do vehículo, foi trasladado á Xefatura da Policía Local, onde quedou inmobilizado e formulouse denuncia ao condutor polas infraccións detectadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta