Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2022 | Actualizada ás 14:47
O Concello de Pontevedra acolleu este mércores unha reunión da comisión calificadora de documentos, co fin de comezar a liberar espazo nas dependencias municipais, coa destrución de arquivos de nulo valor fiscal, xudicial e documental.
Segundo informou o concelleiro Demetrio Gómez, esta comisión aprobou a destrución dunhas 1.440 caixas, que ocupan case 155 metros lineais de espazo, e que recollen todos os documentos referir# a as plusvalías e ao imposto de circulación de vehículos, "unhas entre o ano 1961 e o 1999 e outras entre o 1967 e o 2004".
Segundo os criterios fixados pola comisión, estes documentos non teñen valor de ningunha clase, polo que a súa destrución pode ser realizada de acordo cos informes elaborados polos funcionarios do arquivo municipal.
Demetrio Gómez explicou que este xoves acudirán a unha comisión da Xunta, que é o organismo que valida esta decisión. "Un mes despois, poderemos proceder coa destrución definitiva destes documentos no propio Concello e a súa posterior reciclaxe", detallou.
O Concello de Pontevedra abrirá nos próximos días un proceso de solicitude no caso de que algún cidadán precise algunha copia polo motivo que sexa. Unha vez transcorrido ese prazo, de aproximadamente un mes, xa se comezará co proceso de destrución "e non quedará rastro destes documentos como tal, máis aló do que quede nos libros de rexistro".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.